Guillaume de Machaut (1300-1377), compositor máis importante do Ars Nova francés. Recibiu educación relixiosa e tomou os hábitos, estando a maior parte da súa vida ao servizo de reis e cortes.
23 motetes con esquema tradicional: teor litúrxico instrumental e dúas voces superiores con textos diferentes, con uso de hoquetus e isorritmias. “Garrit gallus”.
Compuxo cancións profanas monódicas e polifónicas usando a nova división binaria do tempo, 3ª e 6ª…
Autor da Misa de Notre Dame: musicalización a 4 voces do ordinario da misa, maila fórmula Ite missa est. Inclúe partes ao estilo do motete (Kyrie, Sanctus, Agnus Dei, Ite missa est) e estilo máis silábico e linear no Gloria e Credo. Vastas dimensións, textura a 4 voces, planificada como un ciclo completo. Seguramente as partes vocais estarían dobradas por instrumentos tendo en conta o seu debuxo melódico.