Táboa de contidos
Imprimir libro completoImprimir este capítulo AnteriorSeguinte

2 Os anos 60

É a época dos Beatles e os Rolling Stones, dos rapaces bos e os rapaces malos.

Pop británico: 1960-65

Tres vertentes:

- O beat.- Son radiante, vitalista, divertido e, ó mesmo tempo, crítico. Boas armonías vocais e ritmo animado. (Freddie and The Dreamers, Los Searchers, The Kinks, ...)

- O rhythm and blues.- Blues urbano negro conbinado coa imaxe do inconformista branco [o beatnik]. (Rolling Stones, The Animals, Pretty Things).

- O Swinging London.- Integrado por grupos pop-art hedonistas, provocadores, extravagantes, desafiantes. Relacionado coa subcultura mod. (The Who, Small faces, ...)

Inglaterra: 1965-1970

- O blues-rock.- Simbiosis entre o blues e o rock. (Eric Clapton e Jimi Hendrix).

- Psicodelia británica.- Marcada polo sonido canterbury. (Soft Machine e Pink Floyd).

- Rock progresivo e rock sinfónico.- Foméntase o individualismo, o virtuosismo, a fusión de lenguaxes, os simbolismos, e o exhibicionismo con outros lenguaxes brancos cómo a música clásica e a electoacústica. Novos instrumentos coma os sintetizadores. Nacemento do disco de vinilo.(Génesis, Yes).

Estados Unidos

- O son surf.- Reflectía o optimismo e a despreocupación dos xoves norteamericanos da era “Kennedy”. (Beach Boys)

- Folk rock e folk blues.- Foi unha forma de buscar raíces. Música impregnada de referentes poéticos e novas posicións políticas. (Bob Dylan, The Byrds, The Mamas and The Papas, Sony and Cher, Janis Joplin)

- Pop. - Mezcla dende o son garaxe [1] (influencia británica) ó pop máis comercial do son chicle. (13th Floor Elevators y The Monkeys)

- Sonido Motown. - Creado pola compañía discográfica do mesmo nome. Música negra con vontade de chegar ó público universal. As voces conservaban raíces gospel e blues. Ritmo acelerado pero cheo de corda e vento. (Stevie Wonder, Jackson 5 e Diana Ross).

- El soul. - Termo abertamente político. Asume a función do blues, expresión do orgullo racial negro. (Aretha Franklin, Tina Turner, James Brown, Stevie Wonder, Otis Redding).

- Sonido San Francisco. - Rock ácido e psicodelia, desarrollado na costa Oeste. Relación coa contracultura hippy, ansia de experimentación e actitude combativa. (The Doors).

- Sonido Underground. - Caos sonoro, espectáculos multimedia, sonido corrosivo, destructivo, “callejero” e radicalismo izquierdista. (John Sinclair e Iggy Pop).

- Rock sureño e country rock. - Volta ás raíces do rock desembocando no country-rock. Espíritu patriótico do sur a través do rock sureño. Productos tardíos dos 60 que foron explotados a principios dos 70.

Nesta época destacan ademáis Jimi Hendrix, Eric Clapton, The Kinks e The Who.

[1] Música algo cruda e elemental con influencias do beat británico e do rhythm and blues, e en ocasións antecedente do futuro punk americano.

AnteriorSeguinte