Version amigable de impresión
 

Glosario de termos relacionados coa biomasa.

Buscar texto completo


Explorar o glosario utilizando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ
O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

Páxina:  1  2  3  4  (Seguinte)
  TODAS

A
Almidón: Hidrato de carbono que constitúe a principal reserva enerxética de case todos os
vexetais.
Anaeróbico: Anaeróbico é un termo técnico que significa sen aire (onde "aire" usualmente é osíxeno)
B
Benceno: Hidrocarburo líquido, incoloro e inflamable, de ampla utilización como disolvente e como reactivo en operacións de laboratorio e usos industriais.
Biodegradable: Que se elimina da natureza polos seus propios medios.
Biodigestor: Un digestor de refugallos orgánicos ou biodigestor é, un colector pechado, hermético e impermeable (chamado reactor), dentro do cal deposítase o material orgánico a fermentar (excrementos de animais e humanos, refugallos vexetais-non se inclúen cítricos xa que acidifican-, etcétera) en determinada dilución de auga para que se descompoña, producindo gas metano e fertilizante orgánicos ricos en nitróxeno, fósforo e potasio.
Briquetas.: briquetas Cilindros de 50 a 130 mm de lonxitude e de 5 a 30 mm de diámetro feitos con serrín, achas molturadas ou outros residuos comprimidos que poden utilizarse como combustibles, xeralmente en chemineas e grelladas.
C
Catalizador: Corpo capaz de producir a transformación química motivada por sustancias que non se alteran no curso da reacción.
Celulosa: A celulosa é a biomolécula orgánica máis abundante xa que forma a maior parte da biomasa terrestres.
A celulosa é un polisacárido estructural nas plantas que forma parte dos tecidos de sostén. A parede dunha célula vexetal xove contén aproximadamente un 40% de celulosa; a madeira un 50 %, mentres que o exemplo máis puro de celulosa é o algodón cunha porcentaxe maior ao 90%.
Choiva aceda:
A choiva áceda caracterízase por un pH por debaixo de 4,5, causado polo xofre provinte das impurezas da queima dos combustibles fóseis e polo nitróxeno do aire, que se combinan co osíxeno para formar dióxido de xofre e dióxido de nitróxeno. Estes difúndense pola atmósfera e reaxe coa auga para formar ácido sulfúrico e ácido nítrico, que son solúbeis en auga. Tamén se forma algo de ácido clorhídrico.

As principais fontes humanas deses gases son as industrias, as centrais termoelétricas e os vehículos de transporte. Os gases poden ser carregados por millares de quilómetros na atmosfera antes de seren convertidos en ácidos e entón precipitados.

A choiva ácida industrial é un problema substancial na China, Europa, Europa Occidental, Rusia e en áreas baixo a influencia de correntes de aire provenientes deses países. Esas áreas queiman carbón con xofre na súa composición para xerar calor e electricidade.


CO2: O dióxido de carbono ou anhídrido carbónico, de fórmula CO2, é o gas con máis incidencia no efecto invernadoiro.
Prodúcese nos procesos de combustión nos que intervén o carbono.

Páxina:  1  2  3  4  (Seguinte)
  TODAS