Version amigable de impresión
 

Glosario de termos relacionados coa biomasa.

Buscar texto completo


Explorar o glosario utilizando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ
O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS
C
Catalizador: Corpo capaz de producir a transformación química motivada por sustancias que non se alteran no curso da reacción.
Celulosa: A celulosa é a biomolécula orgánica máis abundante xa que forma a maior parte da biomasa terrestres.
A celulosa é un polisacárido estructural nas plantas que forma parte dos tecidos de sostén. A parede dunha célula vexetal xove contén aproximadamente un 40% de celulosa; a madeira un 50 %, mentres que o exemplo máis puro de celulosa é o algodón cunha porcentaxe maior ao 90%.
Choiva aceda:
A choiva áceda caracterízase por un pH por debaixo de 4,5, causado polo xofre provinte das impurezas da queima dos combustibles fóseis e polo nitróxeno do aire, que se combinan co osíxeno para formar dióxido de xofre e dióxido de nitróxeno. Estes difúndense pola atmósfera e reaxe coa auga para formar ácido sulfúrico e ácido nítrico, que son solúbeis en auga. Tamén se forma algo de ácido clorhídrico.

As principais fontes humanas deses gases son as industrias, as centrais termoelétricas e os vehículos de transporte. Os gases poden ser carregados por millares de quilómetros na atmosfera antes de seren convertidos en ácidos e entón precipitados.

A choiva ácida industrial é un problema substancial na China, Europa, Europa Occidental, Rusia e en áreas baixo a influencia de correntes de aire provenientes deses países. Esas áreas queiman carbón con xofre na súa composición para xerar calor e electricidade.


CO2: O dióxido de carbono ou anhídrido carbónico, de fórmula CO2, é o gas con máis incidencia no efecto invernadoiro.
Prodúcese nos procesos de combustión nos que intervén o carbono.
Colza: Este vistoso vexetal da familia da mostaza, cultivase en varias rexions de Europa, Asia e Norteamérica, e considerase valiosa sobre todo polo alto contido de aceite das suas semillas.
Hasta o 40% do peso das semillas é aceite, que pode utilizarse de diversas maneiras.
A maior parte - quizás hasta el 90% - emprease na elaboración de alimentos: margarina, galletas, sopas, xeados e productos de panadería e confitería, pero tamén se usa para fabricar un tipo de diesel que, por ser menos contaminante, non dana tanto o ambiente.
Refinado, o aceite pode empregarse coma lubricante de maquinarias finas.
Despois de extraerse o aceite, a torta residual, rica en proteínas. constitue un excelente pienso para o gando.
colza
Coxeración: A coxeración é a produción conxunta de enerxía eléctrica e calor(normalmente vapor) nunha mesma instalación. Por teren maior rendemento que a produción de ambos por separado, son incentivadas polas instituicións públicas.
Cultivos enerxéticos: Son aqueles cuxo produto destinase á obtención de enerxía.