Version amigable de impresión
 

Glosario de termos relacionados coa biomasa.

Buscar texto completo


Explorar o glosario utilizando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ
O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS
J
Jatrofa:
A jatrofa curca é unha oleaxinosa con máis de 3.500 especies. É orixinaria de México e Centroamérica, pero medra na maioría dos países tropicais, en chans áridos e semiáridos. Cultívana en América Central, Sudamérica, Sureste de Asia, India e África. Tamén se coñece como coquito, capate, tempate, piñón, piñoncito, piñol, piñón botija, piñón manso, higos do duende, etc.
jatrofa


É unha planta perenne, cuxo ciclo produtivo esténdese de 45 a 50 anos. É de crecemento rápido e cunha altura normal de 2 a 3 metros. En condicións especiais ata 5 metros.

Os produtos derivados desta planta son aceite vexetal (para a industria química) e o seu maior impacto é o seu destino para biodiésel (capaz de producir catro veces máis biodiesel que o millo e dez veces máis que a soia); torta da molienda (para fertilizante), e glicerol (con alto valor para uso farmacológico e industrial).