Glosario de termos relacionados coa biomasa.
Explorar o glosario utilizando este índice
Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ
O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS
| M |
| Metano: O metano é o hidrocarburo alcano máis sinxelo, é un gas. A súa fórmula química é CH4. Cada un dos átomos de hidróxeno está unido ao carbono por medio dun enlace covalente. É unha sustancia non polar que se presenta en forma de gas a temperaturas e presións ordinarias. É incoloro e inodoro e apenas soluble en auga na súa fase líquida. Na natureza prodúcese como produto final da putrefacción anaeróbica das plantas, este proceso natural pódese aproveitar para producir biogás. Pode constituír ata o 97% do gas natural. Nas minas de carbón denomínaselle grisú e é moi perigoso pola súa facilidade para inflamarse. |
| Metanol: Composto químico coñecido tamén como alcol metílico ou alcol de madeira. |
| Mitose: A mitose é un proceso de división e multiplicación celular que participa no desenvolvemento, o crecemento e a rexeneración do organismo, onde se consérva a información xenética contida nos seus cromosomas, que pasa deste xeito ás sucesivas células a que a mitosis vai dar orixe. |
