Glosario de termos relacionados coa biomasa.
Explorar o glosario utilizando este índice
Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ
O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS
| S |
| Sacarosa: A sacarosa ou azucre común é un disacárido formado por unha molécula de glicosa e outra de fructosa. Na natureza está presente nun 20% en peso na caña de azucre e nun 15% do peso na remolacha azucreira, da que se obtén o azucre de mesa. O mel tamén contén gran cantidade de sacarosa parcialmente hidrolizada. |
Soia:
A soia (Glycine max) é unha pranta da familia das leguminosas fabáceas, cultivada polas súas sementes, legumes de alto valor protéico (próximo ao 35%) utilizadas en alimentación e para a produción de aceite.
| ||
| Sorgo: Os sorgos son un xénero botánico dunhas 20 especies de gramíneas oriúndas das rexións tropicais e subtropicales de África oriental. Cultívanse na súa zona de orixe, Europa, América e Asia como cereal para consumo humano, animal, na produción de forraxes, e para a elaboración de bebidas alcohólicas. Resistente á seca e a calor,ten ampla adaptabilidade, rápido crecemento, e é un dos cultivos alimentarios máis importantes do mundo. ![]() Posue un talo rico en azucre, case similar á cana de azucre, tamen e un potencial productor de biomasa. O sorgo produce un volume de etanol idéntico ao millo. O 10-20% de produción de sorgo doce de Estados Unidos utilízase actualmente para a produción de etanol. |



