Version amigable de impresión
 

Glosario de termos relacionados coa biomasa.

Buscar texto completo


Explorar o glosario utilizando este índice

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ
O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS
Ordenado actualmente Nome (ascendente) Ordenar por: Apelido | Nome Cambia a (descendente)

Páxina:  1  2  3  4  (Seguinte)
  TODAS

Imaxe de JOSÉ Mª Del SOLAR BAQUEIRO JOSÉ Mª Del SOLAR BAQUEIRO
Fertilizante: Sustancia ou mestura química natural ou sintética utilizada para enriquecer o chan e favorecer o crecemento vexetal achegando á planta os nutrientes que necesita.

Os fertilizantes orgánicos son produtos naturais como o estiércol (por exemplo: de borrego, cabalo, vaca ou polo), compostos de materiais vexetais, etc. Teñen o inconveniente de ser menos equilibrados na súa mestura nutrimental que os fertilizantes químicos, ademais do seu característico mal cheiro.

Fertilizante universal Os fertilizantes químicos en cambio, están especialmente formulados para cada tipo de necesidade da planta. Son como cápsulas vitamínicas para as plantas cos nutrientes precisos nas doses precisas.
Un exemplo de fertilizante universal contén:
10 % N (Nitróxeno) para o Crecemento
10 % P Fósforo para a Floración
10 % K Potasio para a Resistencia
Glicerina: Tamén chamada Glicerol, é o Propan-1,2,3-triol. É un alcol de fórmula CH2OH-CHOH-CH2OH. Xunto cos ácidos graxos, é un dos compoñentes dos lípidos simples. Úsase na elaboración de cosméticos, medicamentos e explosivos.
Petróleo: É un composto químico complexo no que coexisten partes sólidas, líquidas e gasosas. Fórmano, por unha banda, uns compostos denominados hidrocarburos, formados por átomos de carbono e hidróxeno e, por outra, pequenas proporcións de nitróxeno, xofre, osíxeno e algúns metais. Preséntase de forma natural en depósitos de roca sedimentaria e só en lugares nos que houbo mar.

Extracción do petróleo A súa cor é variable, entre o ámbar e o negro e o significado etimolóxico da palabra petróleo é aceite de pedra, por ter a textura dun aceite e atoparse en xacementos de roca sedimentaria.

Os restos de animais e plantas, cubertos por arxila e terra durante moitos millóns de anos (sometidos xa que logo a grandes presións e altas temperaturas), xunto coa acción de bacterias anaerobias (é dicir, que viven en ausencia de aire) provocan a formación do petróleo.
Imaxe de REYES MONTERO VALE REYES MONTERO VALE
Almidón: Hidrato de carbono que constitúe a principal reserva enerxética de case todos os
vexetais.
Anaeróbico: Anaeróbico é un termo técnico que significa sen aire (onde "aire" usualmente é osíxeno)
Benceno: Hidrocarburo líquido, incoloro e inflamable, de ampla utilización como disolvente e como reactivo en operacións de laboratorio e usos industriais.
Biodegradable: Que se elimina da natureza polos seus propios medios.
Biodigestor: Un digestor de refugallos orgánicos ou biodigestor é, un colector pechado, hermético e impermeable (chamado reactor), dentro do cal deposítase o material orgánico a fermentar (excrementos de animais e humanos, refugallos vexetais-non se inclúen cítricos xa que acidifican-, etcétera) en determinada dilución de auga para que se descompoña, producindo gas metano e fertilizante orgánicos ricos en nitróxeno, fósforo e potasio.
Briquetas.: briquetas Cilindros de 50 a 130 mm de lonxitude e de 5 a 30 mm de diámetro feitos con serrín, achas molturadas ou outros residuos comprimidos que poden utilizarse como combustibles, xeralmente en chemineas e grelladas.
Catalizador: Corpo capaz de producir a transformación química motivada por sustancias que non se alteran no curso da reacción.

Páxina:  1  2  3  4  (Seguinte)
  TODAS