Aínda que xa sabes moito (ou deberíades) de música galega, imos seguir afondando sobre ela.
As tres formas de expresión do folclore galego son o canto, o baile e a instrumentación.
- Busca información sobre o que é un alalá.
- Busca fotografías dos principais instrumentos tradicionais: gaita, pandeiretas, pandeiro, pandeira, tarrañolas, charrasco, requinta, pito, tamboril, bombo, zanfona, canaveira, carraca, ocarina; e dalgúns que se están a introducir como o bouzouki, nikelarpa, duduk, uillean pipe, tin wistle, cromorno, etc.
- Busca información sobre a muiñeira e a rumba, así como vídeos ou exemplos sonoros de cada unha delas.
- Busca fotografías sobre o traxe tradicional, tanto de home como de muller. Pensas que foi sempre así? Por que? Busca información sobre este aspecto.
Galicia, tivo e ten ademáis intérpretes que, sen facer o que se chama estrictamente música tradicional, se fixeron famosos tanto na nosa terra como fora dela.
- Busca información e documentos sonoros sobre Os Tamara, Pucho Boedo, Andrés do Barro e Luis Emilio Batallán.
E agora unhas preguntiñas:
- Define folk tradicional, folk de autor e folk progresivo.
- Cal é o nome dun dos iniciadores da chamada “corrente celta” en Galicia, que foi ademáis o primeiro música que volveu incorporar a arpa como instrumentos na nosa música tradicional?
- Que grupo se chamou nun principio Folk 72 adoptando logo por nome do grupo o título dunha canción coa que gañaron un concurso?
- Que gaiteira relacionada co grupo Mutenroi está sendo recoñecida pola súa labor pianística?
- Busca información sobre o grupo Mutenroi. (Video)
- Como se chama a gaiteira relacionada con Carral (A Coruña)? En que senso está relacionada?
- Quen foi descuberto no Parque de Castrelos de Vigo polo célebre grupo irlandés The Chieftains? (Video)
- Que grupo galego acadou sona internacional ao colaborar con Mike Oldfield? Busca as cancións nas que colaboraron. (Video)
- Que grupo está a estrear un disco chamado “Kosmogonías”? Como se chama o seu cantante? E a de antes?
- Que grupo de Catoira toman o nome das moreas de pedras que deixaban os peregrinos no seu percorrido polo Camiño de Santiago? Cal é o nome da suite orquestral que comoñeron para o Xacobeo 93?
- Busca información sobre: Marful, Espido, Lamatumbá
- Busca información sobre o festival folk de Ortigueira. Que grupos estarán este ano?
- Vota unha ollada as páxinas do moodle: Sonotone, Sons Galiza, Plataforma A Regueifa, Ghastas Pista e A polo Ghit. De que van?
- A que cres que se refire este texto?
"Dos pinchos e das flores do toxo máis agreste,
do monte máis salvaxe.
Da calor e dos aromas da augardente e da queimada,
que teiman do orballo e das xeadas nos osos.
6
Dos aquelarres en covas, en noites perdidas,
con bruxas e trasnos danzando por riba do lume.
Das pedras nos balados, nas cabezas e nas gadañas,
crabuñando o asubío de algún cantar popular.
Das guitarras compradas coa primeira paga do paro
ou da economía somerxida.
Do tabaco de batea adulterado con aromas tropicais.
Do amor, do odio, da frustración
ou dunha borracheira de vatios nun alambique clandestino.
De todos eses sitios e de moitos máis, naceu, cun aturuxo na boca, este rock tan noso... SEN CAPAR"
- Que é o bravú? Escribe o nome de 10 grupos deste estilo.
- E para rematar….Escribe sobre a música do Xabarín Club…a que che soa de algo? (Vídeos)