(A Voz de Galicia 17/4/2008)
Unha firma láctea coa financiación da Dirección Xeral de I+D da Xunta de Galicia e o Departamento de Bioloxía Celular e Molecular da Universidade de A Coruña, descubriron un microorganismo que transforma parte do soro do leite (lactosa) directamente en etanol.
Nunhos meses o abastecemento enerxético da empresa non se surtirá dunha caldeira de gasoleo senón da combustión do etanol, o que permitirá un aforro de 800 litros de carburante diarios e aforrará uns 24000 euros o mes.
Valencia. 11/04/2007 - Manuel Gil Mercader
O Goberno valenciano estuda como trasladar ao seu territorio o modelo californiano para unha planta de fabricación de bioetanol a partir da cortiza e a pulpa das laranxas, que se converten en combustible para os vehículos, que non han de modificar o seu motor para utilizalo como combustible. Tendo en conta que a Comunidade Valenciana produce 240.000 toneladas destes residuos ao ano, e hai previsións de aumentalas a 500.000, poderíanse acadar máis de 37 millóns de litros, o que supoñería o 16% da produción española de bioetanol.