Infinita Renovables, filial de Isolux Corsán, está en proceso de construcción da súa planta de biodiésel no porto exterior de Ferrol.
Fabricará 300.000 toneladas de biodiésel cada ano, trátase do complexo máis grande proxectado en toda Galicia.
O grupo investirá 170 millóns de euros para cultivar cereales oleaginosos en África e Arxentina, onde ten xa asinada a compra dun total de 150.000 hectáreas de terreo.
Nas 50.000 hectáreas de terreo adquiridas en Arxentina, plantarase colza. En África (Mozambique) acometerá un cultivo experimental, a jatrofa, unha planta oleaginosa de orixe tropical cultivada ata agora fundamentalmente en México.

Outra planta de biodiésel, a de Entabán, que se asenta na primeira fase do porto exterior, e que xa se atopa en período de probas para empezar a xerar combustible ecolóxico en xuño do 2008.
O biodiésel xenerarase a partires de aceites de oleaxinosas (soia, colza e palma), que procederán principalmente da importación (Alemania-Francia, Argentina-Brasil, e Indonesia, respectivamente).
O desexo dos promotores da compañía sería que a maior parte das materias primas procederan de España. Sin embargo, o cultivo de oleaxinosas industriais (salvo o xirasol) no está extendido no campo español, ainda que o mercado crecente de biocarburantes puede servir para lanzar a medio prazo este tipo de producions.
Última modificación: Mércores, 28 de Maio de 2008, 14:27