As plantas usan o sol para crecer. A materia orgánica da planta chámase biomasa e almacena a curto prazo a enerxía solar en forma de carbono. A biomasa é parte do ciclo natural do carbono entre a terra e o aire.
Biomasa pode ser:
Existen moitas fontes de enerxía clasificables baixo o concepto de biomasa, así como diversas técnicas para a súa conversión en enerxía limpa. Evidentemente, son estas formas modernas de aproveitamento as que poden ser utilizadas para a obtención de enerxía limpa, nada que ver coas formas tradicionais (leña, excrementos, etc.), en moitos casos insostibles, que aínda se empregan amplamente en países empobrecidos, e que aínda constitúen máis do 10% do consumo mundial de enerxía primaria.

Biomasa pode ser:
- Residuos agrícolas: palla, bagazos, podas de frutais, ...
- Residuos forestais: ramas finas, codia da tala...
- Residuos das industrias forestais : achas, serrín...
- Cultivos enerxéticos: cardo, girasol, paulonia, brasica, sorgo.
- Residuos de cultivos: cáscaras de frutos secos, osos de oliva.
- Residuos gandeiros: xurros e outros excrementos do gando.
Tipos de combustibles obtidos da biomasa
Sólidos
Líquidos
Gasosos
Palla.
Leña.
Achas.
Carbón vexetal.
Alcois.
Biohidrocarburos.
Aceites vexetais e ésteres.
Derivados.
Aceites de pirólise.
Gas de gasóxeno.
Biogás.
Hidróxeno.
Tipos de combustibles obtidos da biomasa
Palla.
Leña.
Achas.
Carbón vexetal.
Alcois.
Biohidrocarburos.
Aceites vexetais e ésteres.
Derivados.
Aceites de pirólise.
Gas de gasóxeno.
Biogás.
Hidróxeno.