Definición

Trátase dun combustible que se obtén pola transesterificación de trigliceridos ( aceite ). O produto obtido é moi similar ao gasóleo obtido do petróleo (tamén chamado petrodiésel) e pode usarse en motores de ciclo diésel , aínda que algúns motores requiren modificacións.

Proceso

O proceso de transesterificación consiste en combinar o aceite (normalmente aceite vexetal ) cun alcol lixeiro, normalmente metanol , e deixa como residuo glicerina que pode ser aproveitada pola industria cosmética, entre outras.
A fonte de aceite vexetal adoita ser aceite de colza , pois é a planta con maior rendemento de aceite por hectárea, aínda que tamén se poden utilizar aceites usados (por exemplo, aceites de fritura), nese caso, a materia prima é moi barata e ademais recíclanse o que noutro caso serían residuos .

ciclo do biodiesel

Vantaxes

O biodiésel é un carburante ecolóxico que posúe grandes vantaxes ambientais:

  • É un combustible que non dana o medioambiente.
  • Prodúcese a partir de materias primas renovables.
  • Non contén practicamente nada de xofre. Evita a emisións de SOx (choiva aceda ou efecto invernadoiro).
  • Produce, durante a súa combustión menor cantidade de CO2 que o que as plantas absorben para o seu crecemento (ciclo pechado de CO2).
  • É o único combustible non contaminante alternativo aos motores de gasóleo convencional.
Desvantaxes
  • Os seus custos aínda poden ser máis elevados que os do diesel de petróleo. Isto depende basicamente da fonte de aceite utilizado na súa elaboración.