Clasificación da materia . Esquema (para velo correctamente navegar co explorer)
- Un elemento e unha substancia pura que non pode descompoñerse noutras substancias puras mais sinxelas.
- Un composto e unha substancia pura que está constituida por dous ou mais elementos combinados en proporcions fixas. Os compostos pódense descomponer por procedementos químicos nos elementos que os constituen.
- Unha mestura está formada por duas ou mais substancias puras agregadas en proporcions variables.
- Unha mestura heteroxénea é a que presenta un aspecto non uniforme, e posible distinguir a simple vista as substancias que a componen.
· Emulsións : mesturas de dous líquidos inmiscibles. (auga e aceite)
· Suspensions finas : mestura dun líquido e un sólido, na que as partículas deste último encontranse dispersas no líquido (area fina e auga)
· Suspensions grosas onde as partículas dos sólidos tenden a depositarse no fondo ou sobrenadar no líquido.(area grosa e auga e algas e auga)
- Unha mestura homoxenea ou disolución é a que presenta un aspecto uniforme e non é posible distinguir a simple vista substancias que a componen.
Disolucions
- Unha disolución e unha mestura homoxénea e uniforme, formada por duas ou mais substancias puras en proporción variable.
- O compoñente da disolución que está en maior cantidade denominase disolvente, e o que aparece en menor cantidade chámase soluto.
- A concentración dunha disolución é a cantidade de soluto que hai diluido nunha determinada cantidade de disolvente ou nunha determinada cantidade de disolución. Pódese expresar en tanto por cento en masa, en tanto por cento en volume e en gramos de soluto por volume de disolución.
- A solubilidade dun soluto nun disolvente é a cantidade máxima (en gramos) que se pode disolver en 100 gr de disolvente a unha temperatura dada. É unha das propiedades características das substancias puras.
- Unha disolución saturada é aquela que a unha temperatura determinada xa non admite mais soluto.
- Os factores que influen na solubilidade das substancias son a presión e a temperatura.
- Os factores que influen na velocidade da disolución son a superficie de contacto e a axitación.
Métodos de separación de mesturas
As mesturas, ben sexan homoxéneas ou heteroxéneas, pódense separar nos seus componentes empregando procedementos físicos.
1. Métodos de separación de mesturas heteroxéneas:
· A filtración : empregase para separar un líquido dun sólido insoluble.(suspensión fina)
· A decantación empregase para separar as emulsións e as suspensions grosas .
· A separación magnética empregase para separar substancias magnéticas doutras que non o son.
2. Alguns métodos para separalos componentes dunha disolución (mestura homoxénea) son:
· A cristalización : empregase para separalos componentes dunha disolución formada por un sólido e un líquido.
· A destilación empregase para separar os componentes dunha disolución (dous líquidos ou un líquido dun sólido) aproveitando a diferenza de punto de ebulición entre ambos.