Protección do ordenador
Spyware
O spyware é un tipo de software deseñado para obter información dos ordenadores nos que se atopa e enviala a través de Internet (xeralmente, a algunha empresa de publicidade), de maneira que, xeralmente, o usuario non sexa consciente disto.
Adoitan introducirse nun ordenador ocultos na instalación dun programa gratuíto. Estes programas permiten ó usuario a descarga e o uso do seu software sen pagar, coa condición de soportar a publicidade inserida neles, pero algúns tamén introducen spyware para recopilar valiosa información dos hábitos de navegación do usuario, sen que éste teña conocemento.
A información que recopilan os programas espía adoita ter un uso estatístico e comercial, valioso para as empresas de publicidade. Pero estes programas poden (e algúns fano) acceder do mesmo modo a información persoal que estea almacenada no ordenador (nome, dirección de correo electrónico...) ou incluso a datos vitais como contas de usuario e contrasinais.
É moi frecuente que os spyware instalen novas barras de ferramentas no navegador, as cales adoitan incluír un cadro para realizar búsquedas nunha páxina determinada.

Outro dos efectos típicos dos spywares máis intrusivos é o de cambiar a nosa páxina de inicio do navegador a outra a elección do programa espía, a cal pode ser unha páxina en branco (about:blank), erótica ou de contido dubidoso. Se se intenta restaurar a páxina de inicio desde as opcións do explorador, se verá que isto non é posíbel: os cambios que o espía realiza no rexistro do sistema impídeno. Esta actividade é coñecida como "Secuestro do navegador".
Trátase dun intento de obter información confidencial dun usuario (xeralmente, números de tarxetas) enviándolle unha mensaxe de correo electrónico no que se suplanta a identidade dunha entidade bancaria. A mensaxe intenta convencer ó usuario de que introduza datos persoais para logo realizar un fraude e substraer cartos da conta corrente obtida. É un fenómeno que comeza a afectar a entidades non bancarias tamén, como Google ou mesmo a Axencia Tributaria.
Virus e Troianos
TROIANO
A primeira vista, o troiano parece ser un programa útil, pero en realidade é un programa maligno.
Adoitan instalarse nun ordenador conxuntamente cunha aplicación (un arquivo de música, un plug-in, unha BHO -un pequeno complemento do navegador-...) para enganar ó usuario. Unha vez instalados, teñen uns efectos normalmente non destrutivos (recoller información do sistema -contrasinais, datos confidenciais...-, descargar/subir arquivos á rede, controlar funcións do sistema, como reinicio, expulsión de CD...). Tamén poden crear portas traseiras ou backdoors no ordenador, que permiten que unha terceira persoa controle remotamente algunhas das funcións dun ordenador. A diferenza dos virus, os troianos non se autoreplican.
VIRUS
Un virus informático é un programa ou software que se autoexecuta e se propaga insertando copias de si mesmo noutro programa ou documento.

Un virus informático adxúntase a un programa ou arquivo de forma que poida propagarse, infectando os ordenadores a medida que viaxa dun ordenador a outro.
Como os virus humanos, os virus de ordenador poden propagarse en diferente medida: algúnos virus só causan efectos lixeiramente molestos, mentres que outros poden danar o software ou os arquivos. Algúns virus únense a un ficheiro executable, o que significa que o virus pode estar nun ordenador pero non pode infectalo se non é executado ese arquivo, como sucede nos virus de transmisión por vía P2P.
Os usuarios contribúen á propagación dos virus, moitas veces sen sabelo, ó compartiren arquivos infectados ou ó enviaren correos electrónicos con virus como arquivos adxuntos no e-mail.
Antivirus comerciais
McAfee?
Norton Antivirus
Panda Software
Kaspersky
NOD32
Antivirus de Código Aberto
AVG
Avira AntiVir?
Avast
Rising Antivirus
Clam Antivirus
¿Como funcionan os firewall (cortalumes)?
Un firewall é un software que controla as conexións que se realizan entre un ordenador e a rede e viceversa.
As conexións ó noso ordenador fanse a través de portos de comunicación, que son os protocolos polos que un ordenador comunícase co exterior, e polos que recibe e envía información. Algúns deles son especialmente vulnerábeis ante os ataques, como o porto 135 (vulnerabilidade RPC, a porta de entrada do virus Blaster) e os portos de Netbios, un servizo para acceder a Intenet (portos 137, 138 e 139).
O firewall controla o tráfico de Internet a través destes portos, tanto en materia de acceso entrante como saínte.
Isto proporciona un gran nivel de seguridade e protéxenos de moitos posíbeis ataques.
O usuario decide, baixo a súa responsabilidade, a que programas se lles permite comunicarse e a cales non. Ademais, tamén pode regular o acceso a certas páxinas Web. Malia isto, non debemos esquecer que o firewall non é sustituto dun antivirus, xa que teñen funcións diferentes. Algúns dos máis coñecidos (ademais dos que teñen as marcas de antivirus) son Zonealarm e Kerio.

Bibliografía: www.alerta-antivirus.es, elaboración propia.
Páxina Principal
