Sistema operativo UBUNTU
Cal é a versión de Ubuntu que tes instalada?
- A versión que temos instalada é a 8.04
Onde a instalaches?
- Nunha máquina virtual.
Que programa empregaches?
- O VMware Workstation ACE Edition.
Explora o escritorio do Ubuntu e intenta cambiar o fondo ou a apariencia do escritorio.
- Premo o botón dereito do rato, e a continuación pulso - Cambiar fondo do escritorio- alí xa é sinxelo poñer o fondo que ti queras.
Cal é o explorador de arquivos no Ubuntu?
- O explorador de arquivos chámase navegador de arquivos e chégase a el premendo en lugares e despois en equipo.
Que navegador de internet emprega o Ubuntu? ¿por que?
- Utiliza o Navegador Web Firefox de Mozilla. Emprega este navegador porque é software libre
Que aplicación posúe para escribir textos? Proba, notas algunha diferenza co bloc de notas?
- O Tomboy. É moi parecido ó bloc de notas, pero é máis completo: da a posibilidade de introducir ligazóns, ten corrector ortográfico...
- O Gimp, un programa de software libre que abrangue máis aspectos ca o Paint: permite retocar fotografías dun modo moito máis avanzado.

Páxina Principal
