Tratamento de imaxes
1. Tipos de imaxes
- Imaxes rasterizadas de bits (bitmap): están formadas por multitude de puntos que, no seu conxunto, definen a imaxe final. A información da imaxe recóllese no rastrer (matriz de puntos). Estas imaxes son as obtidas, xeralmente, tras un proceso informatizado.
- Imaxes vectoriais: as imaxes están creadas con multitude de vectores ou obxectos individuais. Os arquivos da imaxe gárdanse mediante expresións matemáticas, o que fai que teñan un tamaño inferior ó tipo bitmap.
- Imaxes 3D: Estas imaxes poden estar creadas con diversas técnicas, pero o seu propósito é sempre transmitir a proxección de algo visual a un espazo tridimensional. Adoitan estar ligadas ás animacións ou as imaxes animadas.
- Imaxes animadas (animacións): constitúen unha aproximación ós vídeos ,porque transmiten unha secuencia en movemento, pero sen son. Nun principio, as animacións estaban compostas por simples imaxes bitmap que daban como resultado unha imaxe GIF animada.
Pero a situación cambiou radicalmente coas novas técnicas e aplicacións, que permiten crear animacións espectaculares como as animacións flash.
2. Diferenzas entre os formatos de imaxe
- BMP: é o formato estándar da maioría das aplicación de Windows. A compresión deste formato non reduce a calidade, polo que os arquivos teñen un gran tamaño. É moi frecuente en salvapantallas.
- JPG: é un formato moi utilizado na Internet, posto que almacena imaxes con boa calidade en arquivos de tamaño reducido. Admite ata a cor verdadeira (24 bits). É especialmente axeitado para fotografías.
- GIF: un dos formatos máis empregados en internet, xa que almacena imaxes de ata 256 cores cun tamaño moi reducido. Neste formato atópanse os chamados GIF animados. Útil para imaxes sinxelas.
- PNG: formato gráfico que consegue almacenar imaxes con excelente calidade en arquivos de tamaño reducido, moi similar ó GIF; é moi utilizado en Internet.
- TIF: formato da empresa Adobe, antigamente só en branco e negro, pero actualmente dispoñíbel tamén en cor. Foi deseñado para intercambiar imaxes entre diferentes SO (Windows, Mac...)
- PSD: o formato propio do programa de edición Adobe Photoshop. Adoita ocupar moito tamaño: incorpora división por capas e carece de compresión.
- XCF: formato habitual do programa de retoque gráfico GIMP.
3. Que programas (software libre ) poden ler-crear os distintos tipos de imaxes?
Algúns programas (software libre) deste tipo son os seguintes. Os enlaces sobre eles conducen a páxinas web onde os podes descargar:
GIMP
PICASA
FASTSTONE PHOTO RESIZER
COLORPIC
PAINTNET
Bibliografia: www.elimperiocordobes.com
4. De que depende a calidade dunha imaxe dixital?
A calidade dunha imaxe dixital depende de moitos factores:
- Número de puntos que a compoñen, canto maior sexa o número de puntos utilizados para a imaxe, maior calidade terá.
- Profundidade da cor, a profundidade da cor fai alusión ó número de cores que ten a imaxe, canto maior sexa este, mais tonalidades terá a imaxe.
- Compresión da información, ó gardar unha imaxe bitmap nun arquivo, almacénase información de cada un dos seus píxeles, polo que o tamaño é moi grande. Para evitalo utilízanse métodos de compresión o que fai que perda calidade.
5.
- O tamaño físico mídese en cm ou mm aínda que tamén se utilizan as pulgadas. Así falamos de fotografías de 10x15, 13x18...
- En canto ao tamaño dixital dunha imaxe, mídese en píxeles. Por ese motivo fálase de imaxes de 3 Megapíxeles, 5 Megapíxeles...
- O tamaño do arquivo, exprésase nunha unidade de información, sendo a máis habitual os Megabytes (MB).
* O arquivo dunha imaxe pode ter distinto tamaño, que dependera do formato que se elixa. Existen formatos que utilizan algoritmos de compresión e tamén hai formatos gráficos.
* Os dous tamaños dunha imaxe (físico e dixital) estan relacionados entre sí mediante a resolución.
Páxina Principal
