Baixo o epígrafe de SOFTWARE amósanse unha serie de programas de carácter lúdico e/ou educativo que serven para axudar o alumnado na sua aprendizaxe, asi como tamén de estimulo mental.
  Os programas que se presentan son Freeware, shareware, etc, e podense distribuir libremente. Todos eles estan comprimidos en formato *.rar e podelos descomprimir co WINRAR.
  Os programas foron testesados con dous antivirus (NOD-32 e AVG), e atopanse 100 % libre de virus. A pesares de iso, cada día aparecen novos virus e versións que non poden ser detectadas a tempo, excepto polo usuario final. Recomendoche que co obxeto de conquerir a máxima protección testeses cada un dos programas antes de instalalos no teu ordenador cun antivirus o máis actualizado posible.
Graph 3.3
Programa gratuito que permite graficar todo tipo de funcións matemáticas nun sistema de coordenadas X-Y. Os gráficos poden ser agregados con diferentes cores e estilos de liñas. Graph soporta tanto as funciones estándares como as paramétricas e polares.
Periodic Table
Excelente tabla periódica e con información moi detallada en inglés de cada un dos elementos.
Sokoban
O obxetivo deste xogo de estratexia é guiar o personaxe polos pasillos, e empuxar todos os protectores de flores ata os correspondientes cadros.
Algúns niveis requiren de bastante análise e requírese pensar e anticipar estratexicamente varios movementos.
EQ Tabla 4.0.6
Táboa periódica con información moi detallada dos distintos elementos que compoñen a mesma.
Sudoku
Excelente xenerador de Sudokus con tres niveis de dificultade: fácil, normal e difícil. O propio xogo incorpora as instruccións.
Calculum
Xogo educativo para axilizar a mente e mellorar a cálculo matemático.
Graphmat
Excelente programa para a representación gráfica de funcións de todo tipo.