Preguntas inxeniosas


As preguntas con inxenio están pensadas para arredarnos da nosa forma corrente de razoar e levarnos por un camiño no cal respostamos o primeiro que se nos ocorre sen pensar si se cumpren as condicións do enunciado.


Pregunta nº1:¿Cres que é igual medio m2 que a metade dun m2?

Pregunta nº2:¿Cántos minutos ten a metade de medio día?

Pregunta nº3:Xavier quere repartir 30 bolas entre tres amigos ca condición de que entre os tres leven o mesmo número e que este sexa impar. ¿Pode facelo?

Pregunta nº4:Una garrafón conten 12 litros de viño.¿Cántas botellas de tres cuartos de litro podes encher con ela?

Pregunta nº5:Un arqueólogo vendía una moeda moi antiga ca inscrición "ANO 25 ANTES DE CRISTO". Dona Lupa, que coleccionaba antigüidades, deseguida deuse conta que era falsa. ¿E ti?

Pregunta nº6:Un tren eléctrico vai a unha velocidade de 195 Km./h, en dirección Sur. ¿En que dirección vai o seu fume?

Pregunta nº7:O doutor receitoume un xarope para tomar una cullerada cada media hora. ¿Cánto tempo tardarei en tomar 5?

Pregunta nº8:Algúns meses teñen 30 días, e outros trinta e un.¿Cántos teñen 28?

Pregunta nº9:Unha familia de 5 membros esta composta por dúas nais, dous pais, unha aboa, un avó, dous fillos e un neto. ¿É esto posible?

Pregunta nº10:¿Cántas veces podes restar 5 de 20?

Pregunta nº11:Nun día soleado Juana tende roupa a secar. Pasado certo tempo dáse conta de que unha camisa tarda 4 horas en secar e un pantalón 5 horas y media. ¿Cánto tempo tardarían en secar 3 camisas y dous pantalóns?

Pregunta nº12:Dona Joaquina, nai de Ignacio, tivo 5 fillos. Un chamase Bra, outro Bre, outro Bri, outro Bro, ¿Y o outro?

#########################

SOLUCIÓNS:Necesitas o programa gratuíto Adobe Acrobat Reader para ver o ficheiro-------->Descarga Acrobat Reader

Volver ó menú Obradoiro