A Caixa Sorpresa

 Exposición de Fotografía Estenopeica

 

 Benvidos á exposición a Caixa Sorpresa. Aínda que pareza imposible, estas fotografías que hoxe presentamos están feitas dun xeito moi peculiar.

 Estas imaxes, realizadas cunha cámara oscura (unha caixa onde só entra luz por un pequeno buratiño), empezáronse a utilizar en 1850 polo científico inglés Sir David Brewster, aínda que xa no renacemento era empregada para fins científicos en astronomía e como axuda para tomar apuntes do natural por pintores e debuxantes afeccionados.

 A cámara escura é a forma máis simple dunha máquina fotográfica: unha caixa de madeira ou cartón, pintada de negro no seu interior para evitar reflexos, onde nunha das paredes se coloca un papel fotográfico e no lado oposto hai un pequenísimo burato como única entrada de luz. Estes raios son os que actúan no papel fotográfico e forman a imaxe latente invisible, ata que se revela e se fai visible.

 Así, no papel fotográfico aparece unha imaxe invertida e reducida dos obxectos que se atopan frente o burato da cámara escura. Logo tan só hai que facer unha copia en positivo da imaxe, facendo un contacto, papel contra papel, do negativo, darlle luz e revelalo de novo.

 Nesta exposición poderedes ver obras fotográficas dos alumnos que comprenden o Ciclo de Grao Medio de Laboratorio de Imaxe do IES Virxe do Mar. Unhas obras feitas durante un longo período de tempo, adicándolles moita delicadeza. Unha grande elección de obras que esperamos que lles guste.

 Invitámosvos a vir máis dunha vez á nosa exposición, e que traiades a canta mais xente mellor. Que sexa do voso agrado e grazias.

 Ante calquera dúbida que teñan sobre como se consiguen estas imaxes máxicas, tan só teñen que preguntar por nós.

 Os Autores

(Alumnos do Ciclo de Laboratorio de Imaxe do IES Virxe do Mar de Noia)