O PSOE

O partido fora fundado en 1879 por Pablo Iglesias (a UGT en 1888) e no momento de proclamarse a República, o PSOE e a UGT eran as organizacións políticas e sindicais mais amplas e mellor organizadas de España. Os seus centros de irradiación , as "casas do Povo", estaban diseminadas por todo o territorio nacional pero eran especialmente fortes en Asturias, Vizcaya, Madrid, as zonas agrarias do norte de Andalucía, Castela a Nova e Extremadura.
Durante a Ditadura o PSOE e a UGT experimentaran un longo debate interna sobre a sua participación nos organismos sociais e políticos, xurdindo varias correntes lideradas polos seus principais dirixintes. Indalecio Prieto, que desempeñó sempre o papel de líder moderado e realista, era partidario de participar no goberno o lado dos republicanos, asinando a título persoal o Pacto de San Sebastián, o que lle deu o PSOE a entrada no comité revolucionário primeiro e no goberno provisional despois. Julián Besteiro foi contrario a participación do partido no que el consideraba pacto coa burguesía de San Sebastián, ainda que non tivo inconveniente en ser o presidente das Cortes republicanas de 1931, moderando as suas actitudes a partir dese momento. Francisco Largo Caballero, secretario xeral da UGT, non tendo participado no Pacto, sen embargo formou parte do comité revolucionário e do goberno provisional.
Entre 1931 e 1933 o PSOE colaborou nos gobernos republicanos, pese a crecente falta de acordo coa sua política polas bases do partido. Sen embargo diferentes conflictos fixeron que o PSOE saise do goberno en setembro de 1933 e que se presentase en solitario ás eleccións de novembro.
Durante o bienio dereitista produciuse un proceso de radicalización no partido que culminou no movemento revolucionario de outubro de 1934. O dirixinte desta evolución foi Largo Caballero alcumado "o Lenin español", co apoio das Mocidades Socialistas, que rexeitou calquera colaboración cos republicanos. Prieto, líder da línea centrista, e Besteiro, da línea moderada, opuxeronse sen éxito a esta política. As consecuencias tráxicas da Revolución do 34 obrigaron o partido a mudar de actitude e a participar con republicanos e comunistas no Fronte Popular a fins de 1935.