COMPOSICIÓN DUN TEXTO HISTÓRICO
A instauración da Segunda República supón o inicio dunha serie de reformas en diversos ámbitos, como os que aparecen reflectidos nos documentos que se propoñen. Á luz dos textos, debes comentar cada unha das cuestións que se citan neles, sen esquecer tratar no seu conxunto a política de reformas atendendo á caracterización xeral da mesma, ás forzas sociais e políticas que a promoveron e a aquelas que se ouxeron. e aludindo ás derivacións ou desenlace da confrontación en torno a tales medidas.
Doc.l.-A Constitución de 1931 aborda así a cuestión
relixiosa:
" Art. 3. O Estado español non ten relixión oficial (...).
Art, 26. Tódalas confesións relixiosas serán consideradas
como Asociacións sometidas a unha lei especial. O Estado, as rexións,
as provincias e os Municipios. non manterán, favorecerán, nin
auxiliarán economicamente ás Igrexas, Asociacións e institucións
relixiosas. Unha lei especial regulará a total extinción, nun
prazo máximo de dous anos, do presuposto do Clero. Quedan disoltas aquelas
Ordes relixiosas que estatutariamente impoñian, ademais dos tres votos
canónicos, outro especial de obediencia a autoridade distinta da lexítima
do Estado (,..). As demais Ordes relixiosas someteranse a unha lei especial
votada por estas Cortes Constituíntes e axustada ás seguintes
bases:
la. Disolución das que polas súas actividades constitúan
un perigo para a seguridade do Estado (...).
4a. Prohibición de exercer a industria, o comercio ou o ensino.
5.a Submisión a todas as leis tributarias do país".
Doc.2.-0 decreto de 23 de abril de 1931 obriga ós militares
a prometer fidelidade á República:
" A revolución de abril, que por vontade do pobo instaurou a República,
extingue o xuramento de obediencia e fidelidade que as forzas armadas da nación
prestaran ás institucións hoxe desaparecidas (...), a unha dinastía
ou unha persoa. A misión do Exército é soster a independencia
da Patria (...).
O Goberno provisional da República decreta:
Art.l. Tódolos xenerais en situación de actividade ou reserva,
e tódolos xefes, oficiais e asimilados (...) haberán prestar no
prazo de catro días (...) solemne promesa de adhesión e fidelidade
á República".
Doc.3.-Lei de Bases da Reforma Agraria (1932):
" Serán susceptibles de expropiación as terras incluidas
nos seguintes apartados:
l. As ofrecidas voluntariamente polos seus donos (...).
4°. As fincas rústicas de Corporacións, fundacións
e establecementos públicos que as exploten en réxime de arrendamento,
aparcería ou calquera outra forma que non sexa explotación directa
(...).
5°. As que polas circunstancias da súa adquisición por non
seren explotadas directamente polos adquirentes (...), deba presumirse que foron
compradas con fins de especulación ou co único obxecto de percibir
a súa renda.
6°, As que constituíron señoríos xurisdiccionais (...).
7°, As incultas ou manifestamente mal cultivadas (...)".
Doc.4.-O 26 de setembro de 1932. a Gaceta de Madrid publicou o Estatuto
de Autonomía de Cataluña:
" Art. l. Cataluña constitúese en rexión autónoma
dentro do Estado espadol, de acordo coa Constitución da República
e o presente Estatuto. O seu organismo representativo é a Generalitat
(...).
Art. 2°. O idioma catalán é, como o castelán, lingua
oficial en Catalufia (...). Dentro do territorio catalán os cidadáns,
calquera que sexa a súa lingua materna, terán dereito a elixir
o idioma oficial que usaran nas súas relacións cos tribunais,
autoridades e funcionarios de todas clases, tanto da Generalitat como da República
(...).
Art. II°. Corresponde á Generalitat a lexislación exclusiva
en materia civil, agás o disposto no artigo 15, número I, da Constitución,
e a administrativa que lle estea plenamente atribuida por este Estatuto".