MATEGUAP@S

CADERNO MATEMÁTICO

nº 1 / curso I / 17 maio 2003

IES VIRXE DO MAR – NOIA ( A CORUÑA )

" E primavera en Noia,

e a noite será

unha longa mina de diamantes"

Antón Avilés de Taramancos

 

 
Este primeiro número está adicado á lembranza do poeta noiés Antón Avilés de Taramancos.
 

SAÚDO

Querid@ lector/a :

Benvid@ ó nacimento dunha publicación que pretende que ó seu carón tod@s K-Vilemos un chisco. Tod@s os que participamos nela desexamos que vos guste. Esto fará que esta pequena semente que hoxe botamos chege a se converter co tempo nun frondoso carballo.

Se fas un uso moderado de MATEGUAP@S , está demostrado , que podes acadar grandes logros . A saber :

A.- Exercicio de cachola (1) ( sen receita médica, nin ximnasios )
B.- Ingresos monetarios extras ( Non hai máis que poñer en funcionamento a vella estratexia de ..... “ papá , mamá ¿canto vos apostades a que non sabedes facer este acertixo ? ” )
C.- Abraiar ó respectivo moz@ presumindo do moito e ben que cavilamos.
etc., etc., etc..

Pero abonda xa de latriques. Hai que se poñer ó traballo que se nos vai facer de noite Así que pasade páxina e a comezar a cavilar. ¡ Boa sorte !

1)Cachola = Obxecto case esférico que temos enriba dos ombros. Serve para :

1º:.- Botarlle arrechouchíos

2º.- Enferruxala de gomina polas mañás

3º.- Peiteala con agarimo e logo poñer esa estupenda diadema de 1.000 cores

4.º- Usos varios.

 

OLLO O PIOLLO

 

A vista ás veces fai que nos enganemos, sorprendamos ou que sei eu …..

Mira con atención o debuxo
¿Ves unha muller anciá ou unha xove fermosa?

 

A MOVE-LOS MIOLOS

Colaboración : Sandra Figueira Baña - 1º ESO


Tres persoas queren cruzar un río nunha barca.

Dúas delas pesan 50 Kg cada unha.

A terceira pesa 100 Kg.

A barca soamente pode levar 100 Kg.

¿ Como farán para cruza-los tres a outra beira, sen que a barca vaia a pique?

 

NÚMEROS TRISTES

As minas terrestres, empregadas no transcurso das guerras, matan 800 persoas cada mes no mundo e mutilan diariamente a 1 persoa cada 15 minutos ( a meirande parte mulleres e nenos na procura de auga ou madeira).

De cada 8 víctimas 1 morre antes de chegar ó hospital.O 80% das víctimas son nenos e nenas.

Hai preto de 110 millóns de minas espalladas por máis de 80 países.
Mercar unha mina custa 4 €. Quitala do chan 850 € .

Entre os países fabricantes atópanse países europeos, como España, Portugal, Suecia, Reino Unido e Francia.


" Il chegou por eiquí sin rumbo posto
e dixo que sabía surrir coma unha fonte
en un albre de froitos pendurados.
Levava sempre a surrisa pequena
i-os homens agardaban sua choiva de paz ".


Antón Avilés de Taramancos
 

AS MOEDAS

Colaboración : Raquel Pazos Blanco , Yéssica Lago Trillo – 1º ESO

 

¡ ISTO TEN TRUCO !

 


Coloca , sobre o borde dun vaso , dúas moedas do mesmo xeito que aparecen na figura. Intenta cunha soa man, sen tocar ti o vaso, tomar á vez as dúas moedas , sen as tirar nin fóra nin dentro do vaso.

 
Veu a visitarme o mar
o mar de Finisterre, o mar da Vida.

Antón Avilés de Taramancos