Visita tellados catedral 2005/128_2854.JPG

Anterior | Inicio | Siguiente

O pasado mes de decembro instalouse na entrada do Instituto Virxe do Mar unha pequena mostra-exposición da vida e obra de Felipe de Castro. O Equipo de Normalización Lingüística considerou oportuno recordar e conmemorar o terceiro centenario do nacemento do insigne escultor. A raíz desto foi impartida unha charla sobre a figura do escultor noiés por un dos maiores coñecedores da súa obra e vida: Xoan Mariño. A súa desinteresada colaboración permitiunos dispoñer dun material moi valioso co cal puidemos facer unha pequena síntese da intensa actividade escultórica do mestre que é, en definitiva, o que se trata de mostrar nesta pequena homenaxe.