Nº 1

XANEIRO 2004

verbas do mar

Revista d@s alumn@s do 1º ciclo ESO do IES Virxe do Mar de Noia

 

SUMARIO

 

 

 

Antón Avilés de Taramancos,
a súa terra,
o
seu mar de Noia

 

 

 

EDITORIAL

Neste novo ano, bótase a andar unha revista
que pretende ser un lugar de encontro das inquedanzas artísticas, literarias e de comunicación entre as xentes do noso instituto.

Asemade oxalá fose tamén un xermolo de solidariedade con aquelas xentes que sofren cun mundo que para elas é moi inxusto.

E por que non pretender tamén, que esa solidariedade se manifeste no coidado e conservación da nosa nai Gaia.

Neste primeiro número poderemos ollar unha poesía que nos chama ás portas dos sentimentos .Interesante será facer de poetas co xogo que nos propón a seguinte colaboración. Non deixedes de ollar a experiencia dun compañeiro nun campus de baloncesto de verán e mesmo os alucinantes debuxos dos nosos artistas.

Rematamos coa nosa páxina solidaria coa lembranza máis de un ano despois do desastre ecolóxico producido polo afundimento do buque Prestige e dos sentimentos de solidariedade que provocou en moita xente.

Benvida ó mundo !!!

Verbas do mar