Inés Ferreiro Rouco, a miña aboa, nace en Lanzós (Vilalba) o 24 de Agosto do ano 1923. Medra no seo dunha familia labrega cos seus sete irmáns ata que cumpre os 24 anos e casa con Xosé Antonio Tenreiro. Viven durante un tempo no Coto, preto de Lanzós e teñen dous fillos: Isabel e Antón. Máis tarde marchan cara á Coruña, onde xa estaban todos os irmáns de Inés, coa axuda de Antonio (outro deles) e alí ela establece un negocio. Ó morrer Xosé Antonio, Inés vese obrigada a sacar adiante á súa familia sen a axuda do seu marido, pero aínda así, acaba obtendo unha certa cantidade de cartos, grazas ó seu esforzo e ó dos seus fillos, que lle permiten mercar varias vivendas e o local onde tiña a súa tenda. Na actualidade, Inés está xubilada e orgullosa da vida que levou ata agora.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| elbatenrreiro.pdf | 196.12 KB |