|
|
|
ATENAS. Os Propileos. Entrada monumental á Acrópole.
|
|
Realizados polo arquitecto Mnesicles entre 437 e 432 aC., cando o Partenón estaba rematado. Constituían un edificio tecnicamente atrevido, formulado nunha pendente moi pronunciada, cunha coberta de mármore que descansaba sobre unhas longas vigas monolíticas reforzadas por unhas barras de ferro. O corpo principal, de forma rectangular, tiña fachadas escandidas por seis columnas dóricas, con un intercolumnio central máis ancho que os demais para permitir o paso das procesións.
|
|