|
|
|
ATENAS. A Acrópole
|
|
Este promontorio escarpado era a cidade primitiva. Habitada desde o Neolítico, a Acrópole (cidade alta) foi utilizada como fortaleza e lugar de culto e os arqueólogos cren que houbo un palacio micénico no seu cume. Despois de que os persas destruíran os seus edificios no 480 aC., o gran estratega Pericles, que gobernou en Atenas (461-429 aC.) acometeu un ambicioso programa de reconstrucción que converteu a Acrópole nun grandioso reducto cívico-sagrado en honor da deusa Atenea que os librara dos persas.
|
|