|
|
|
ATENAS. Acrópole. O Pandróseo no lado oeste do Erecteion.
|
|
Este recinto, construído para honrar a unha heroina ática, protexía a oliveira sagrada doada por Atenea no victorioso combate con Poseidón, (a árbore que hoxe vemos está no lugar da árbore antiga). Aquí estaría a tumba de Cécrope, rei autóctono da Ática e a capeliña da súa filla Pándroso, que abrira a cesta onde Atenea ocultara a Erictonio, a pesar da advertencia de que o cuidara ela máis súas irmás, Aglauro e Herse, pero sen destapar a cesta.
|
|