|
|
|
OLIMPIA. Ninfeo de Herodes Ático.
|
|
Fonte monumental de auga potable de forma semicircular, construída por encargo de Herodes Ático arredor de 150 dC. Esta foi a solución definitiva para a escaseza de auga que se producía cando acodía moita xente a Olimpia: fíxose construir un acueduto, que finalizaba no ninfeo, desde onde a auga se distribuía a través dunha rede de condutos en todo o santuario.
|
|