Primera página Regresar Continuar Última página Resumen Imagen
eXe
Proxecto Open Source de New Zealand.
Contorno de traballo que permite deseñar, desenvolver e publicar materiais educativos en formato web sen ter que ser un experto en tecnoloxías web
Ferramenta tremendamente sinxela de usar e que ó mesmo tempo permite elaborar materiais de alta calidade que seguen os estándares web máis modernos (XHTML, SCORM e IMS).
Usa iDevices (Instructional Devices) para crear os contidos; é dicir, ten estructuas predefinidas que facilitan o traballo ó autor:
- Obxectivos: onde o autor pode indicar os obxectivos da lección.
- Precoñecemento: onde se poden indicar conceptos previos á lección que se deben coñecer.
- Actividade de espazos en branco.
- Pregunta verdadeiro-falso, eleccións múltiples, multi-selección.
- Artigo da Wikipedia: onde é posible incluír dun xeito automático información da Wikipedia.
- Actividade de lectura.
- Editor matemático: para incluír expresión matemáticas complexas.
- Imaxe ampliada: que usando unha lupa 'virtual' permite ampliar zonas da imaxe.
- etc.