Páx. de inicio do IES Xulián Magariños  
Concello de Negreira  

ADAPTACIÓNS CURRICULARES

Cando un profesor detecta que un alumno non segue o ritmo normal da súa materia, comenza a preocuparse e non abonda con chamar ós pais; a lei prevé nestes casos medidas a adoptar: primeiro un reforzo dentro do currículo ordinario para ver se deste xeito supera os obxectivos mínimos. O reforzo consiste en modificar agrupamentos, metodoloxía, formas e instrumentos de avaliación así como a temporalidade, pero o nivel de contidos dun curriculum ordinario e os criterios de avaliación seguen a ser os mesmos. Estes reforzos son elaborados polo profesor da materia co asesoramento de orientación quen decidirá que axuda se precisa en cada caso. Se todo vai ben, o alumno supera a súa dificultade e intégrase á normalidade; se o problema persiste xa entramos noutra dinámica.

No espíritu da lei, todos os alumnos deben avanzar segundo as súas posibilidades, co suposto do esforzo preciso para desenvolvelas ó máximo. Así temos que entrar na dinámica dun ensino personalizado. Primeira dificultade a superar, cómo se lle fai entender a un pai/nai que o seu fillo non segue o ritmo normal da clase? pero esto aínda non é o peor porque agora dicimos : "ó seu fillo imos elaborarlle e aplicar un programa adaptado a el para que aprobe". Nesto ten que dar o seu consentemento; bueno ata aí todo ben. O alumno en cuestión traballa ó seu ritmo sin stress pero... cando ten que promocionar aparece a lei de educación e dinos: non pode promocionar (criterios de promoción segundo curriculum ordinario) como entender este asunto?. O neno/a aproba pero non promociona, é dicir... repite curso. Esto é certamente incomprensible para calquera.

Adaptacións curriculares si/non? Van acompañar o expediente do alumno alí onde vaia. É mellor suspender e calificalo de normal ou aprobar e repetir e ir marcado para o resto da vida? Os políticos debaten, o Parlamento, un fervedeiro de palabras, os medios de comuncicación ocúpanse máis ben de entreternos pero o día a día da educación, os problemas incluso lexislativos somentes importan se son de anuncio televisivo, as particularidades que as resolva o que lle toque, enténdase pais e profesores e aquí sálvese o que poida. A educación non é somentes o acoso ou o fracaso, son tamén estas contradiccións que en vez de integrar o que fan é confundirnos.

AUTORES: Profesores

  • María Luisa Silvela Costoya
  • Ramón José Casal García
DEBUXO: Pintado pola alumna Mónica


IES Xulián Magariños de Negreira © 2005 Portal Educativo