
| Notas: |
| Endoscopia.- Exame das cavidades corporais por medio de instrumentos ópticos introducidos directamente nas devanditas cavidades. Estetoscopio.- Instrumento empregado para a auscultación de diversas zonas corporais. Laparoscopia.- Exame da cavidade peritoneal realizado cun endoscopio introducido a través dunha abertura practicada no abdome. Microscopio.- Instrumento óptico destinado á observación de estruturas ou organismos de tamaño moi pequeno, mediante sistemas de lentes. Radioscopia.- Exploración radiolóxica na que a imaxe dos raios X sobre un corpo se fai visible sobre unha placa fluorescente. Rinoscopia.- Exploración ocular das fosas nasais. |