Primeira páxina Volver Continuar Última páxina Texto

Notas:
Hemanxioma.- Tumor vascular benigno, resultado dunha malformación do tecido anxioblástico durante a vida fetal.
Hematies (Hemacias).- Célula sanguínea encargada do transporte do osíxeno aos tecidos.
Hematócrito.- Aparello centrifugador, que permite estima-lo volume de hemacias presente nunha mostra de sangue con respecto ao volume total sanguíneo. Por extensión, valor obtido por este procedemento.
Hematoma.- Tumoración orixinada por unha acumulación de sangue nos tecidos, causada pola rotura da parede dun vaso sanguíneo.
Hematoloxía.- Rama da medicina que estuda a patoloxía do sangue.
Hematose.- Proceso de intercambio de gases entre o aire respirado e o sangue que circula polos capilares pulmonares.
Hematopoese.- Proceso de produción dos elementos constitutivos no sangue.