Primeira páxina Volver Continuar Última páxina Texto

Notas:
Bacteriemia.- Presenza de bacterias patóxenas no sangue.
Anemia.- Estado no que o número de glóbulos vermellos son inferiores ás cifras normais.
Glicemia.- Presenza e determinación de azucre no sangue.
Hiperlipemia.- Denominación dada ó aumento da concentración dos lípidos no sangue e ó estado que produce.
Eritremia.- Avermellamento da pel ou das mucosas producido pola dilatación conxestiva dos capilares, e que desaparece por vitropresión.
Leucemia.- Enfermidade neoplásica dos órganos produtores das células sanguíneas,caracterizada pola proliferación maligna dos tipos celulares presentes na medula ósea.
Oligocitemia.- Diminución do número de elementos celulares no sangue.
Hiperemia.- Acumulación excesiva de sangue nun órgano ou parte anatómica.
Talasemia.- Anemia hereditaria de tipo hemolítico, causada por unha alteración na síntese dunha das cadeas polipeptídicas das hemoglobinas normais A, F, ou A2.
Isquemia.- Ausencia de rega sanguínea nunha parte do organismo e estado consecutivo á mesma.