Primeira páxina Volver Continuar Última páxina Imaxes
Notas:
Ateroma.- Quiste sebáceo.
Carcinoma.-Tumor canceroso de células epiteliais.
Sarcoma.- Tumor maligno derivado das células mesenquimatosas, que se poden formar a partir das células de tecido conectivo, ou ganglionar.
Adenoma.- Tumor epitelial.
Condrosarcoma.- Sarcoma con elementos cartilaxinosos.
Melanoma.- Tumor maligno procedente do sistema melanocítico da pel.
Adipoma.- Tumor benigno constituído por tecido graxento.
Epitelioma.- Tumor maligno que se orixina a partir de células epiteliais.
Mieloma.- Tumor constituído por células do tipo que se encontran na medula ósea.
Anxioma.- Tumoración debida á proliferación de vasos sanguíneos ou linfáticos.
Fibroma.- Tumores constituídos por tecido fibroso ou conxuntivo maduro.
Mioma.- Tumor formado por tecido muscular.
Blastoma.- Carcinosarcoma de tecido embrionario composto por células indiferenciadas derivadas do blastema.
Hematoma.- Tumoración orixinada por unha acumulación localizada de sangue.
Osteoma.- Tumor benigno formado de tecido óseo ben diferenciado.
Condroma.- Tumor constituído por tecido cartilaxinoso.
Linfoma.- Denominación dada ós transtornos neoplásticos do tecido linfático.
Osteosarcoma.- Sarcoma dun óso ou sarcoma que contén tecido óseo.
Lipoma.- Tumor benigno constituído por tecido graxento.