
| Notas: |
| Hidrocele.- Acumulación de líquido, especialmente no testículo ou no cordón espermático. Hidrocefalia.-Acumulación excesiva de auga no interior do cráneo. Caracterízase por unha dilatación dos ventrículos cerebrais. Adoita deberse a unha obstrución das vías do líquido cefalorraquídeo. Hidrocisto.- Quiste que contén líquido. Hidrófilo.- Que absorbe facilmente a humidade. Hidrófobo.- Que repele a auga. Hidrólise.- Reacción química que consiste na adición de auga a unha substancia complexa que se descompón noutras máis sinxelas. Hidropesía.- Acumulación de líquido seroso trasudado nunha cavidade ou no tecido celular. |