
| Notas: |
| Endometrio.- Membrana mucosa da cavidade uterina. Endometriose.- Trastorno no que en varios puntos da cavidade pélvica (ou noutros lugares) aparece un tecido que contén elementos peculiares do endometrio. Endometrite.- Inflamación da mucosa uterina. Metralxia.- Dor no útero (histeralxia). Metrectomía.- Histerectomía. Metrite.- Inflamación aguda ou crónica da matriz. Metrodinia.- Dor na matriz. Metrorraxia.- Hemorraxia anormal da matriz, é dicir, fora do periodo menstrual. Metrorrea.- Fluxo ou derrame abundante procedente da matruz. Metropatía.- Enfermidade ou trastorno que afecta á matriz. |