
| Notas: |
| Bálano.- Glande (extremo anterior do pene). Balanite.- Inflamación do bálano. Blastodermo.- Parede de células situadas na periferia que delimita unha cavidade interna denominada blastocele no periodo de segmentación embrionario no estadío de blástula. Blastómero.- Cada unha das células que se forman nas primeiras divisións do cigoto, as cales permanecen unidas unhas a outras para ir organizando o embrión. Blastoma.- Termo xenérico usado co significado de tumor. En realidade, debería indicar unha neoformación patolóxica con elementos celulares non maduros e de dexeneración rápida. Blástula.- Período embrionario no que os blastómeros se constituíron en blastoderma e forman unha masa esférica que rodea unha cavidade central. |