
| Notas: |
|
Retina.- Capa máis interna do ollo onde se atopan os fotorreceptores. Retinite.- Inflamación da retina. Cristalino.- Corpo lenticular biconvexo transparente que realiza o proceso de acomodación visual. Iris.- Membrana circular, pigmentada, contráctil cun orificio central denominado pupila e que controla a entrada de luz no ollo. (Iris: mensaxeira dos deuses que se deslizaba polo arco do mesmo nome). Iridectomía.- Escisión cirúrxica dunha porción do iris. Iridemia.-Conxestión ou hemorraxia do iris. |