
| Notas: |
|
Nervio vago ou neumogástrico.- Nace no bulbo da médula espiñal, descende por ambos lados do colo e esténdese polas rexións torácica e abdominal, con numerosas ramificacións que inervan a farinxe, o esófago, a larinxe, a tráquea, os bronquios, o corazón e remata no estómago e no fígado. Vaguectomía.- Extirpación dun fragmento do nervio vago. Vagograma.- Rexistro das variacións eléctricas do nervio vago. Vagotomía.- Interrupción dos impulsos transmitidos polo nervio vago. Vagotonía.- Hiperexcitabilidade do nervio vago. Caracterízase pola inestabilidade vasomotora, estreñimento, sudoración e espasmos motores involuntarios e dolorosos. |