
Por Alicia Meizoso

HISTORIA DA ESCOLA EN CORCUBIÓN
Non se sabe se con anterioridade a 1809 houbo algunha escola en Corcubión posto que os franceses destruiron tódolos arquivos.
En 1888 fundouse unha escola Pía que estivo ubicada no edificio da rúa Peligros nº 6, onde máis tarde estaría á de Orientación Marítima que era exclusivamente para nenos.
Nos anos 1899-1900 creáronse dúas escolas dependentes do Ministerio de Instrucción Pública (Educación); unha para nenas no Campo da Igrexa e outra para nenos ubicada cerca da primeira no chamado "Cuartelillo", hoxe edificio novo de Pachín.
No ano 16 do século pasado, D.José Carrera Fábregas, corcubionés emigrado en América, lega a súa fortuna ó pobo de Corcubión e polos anos 30 ponse en funcionamento o Padroado "José Carrera" con sección de nenos e nenas e no que imparten diferentes materias, ademáis das propias de Primaria, tales como música, danza, mecanografía, etc...que funcionaron ata que o Padroado non tivo fondos, no ano 1959, sendo os seus últimos mestres Dna.Josefina Trapote, D.Bartolomé Fernández e Dna.María Carrera.
No ano 1952 créase a Escola para nenos de Orientación Marítima, no mesmo local da Rúa Peligros onde funcionara a escola Pía, que era exclusivamente para fillos de pescadores.
Polo ano 1955 fúndase a Escola do Frente de Xuventudes, na Viña ( hoxe Recaudación da Deputación ), exclusivamente para nenos, sendo o seu único mestre D.Miguel Vázquez Candamo.
Tamén se constrúen dúas escolas unitarias no Campo do Rollo de nenos e nenas, e unha en San Roque para a parroquia de Redonda.
No ano 1961 créase na Fundación Carrera, unha vez pechada a escola, o Instituto Libre Adaptado dependente da Coruña, que funciona ata o ano 1972.
Dende o ano 1974 o 1986 existiu unha escola de Formación Profesional Agraria, que impartían as clases no "José Carrera" e logo nos baixos do Concello.
En 1.974 o Padroado cede ó Concello o Edificio "José Carrera" para que este llo ceda o Ministerio de Educación e implanten alí a E.X.B, desaparecendo tódalas demáis escolas espalladas polo Concello.Isto dura ata o ano 1993 en que se pasa a imparti-la E.X.B no novo Colexio "Praia de Quenxe".
Alicia Meizoso Rodriguéz
