
Proceso destructivo dos dentes que comeza na superficie e se extende ata a pulpa, producindo infección, dor e destrucción dental. A causa reside en moitos factores: pouca hixiene bucal, consumo excesivo de sustancias doces e azucre, compoñentes da saliva, etc
A flora bacteriana da dentadura, nestes casos, aliméntase dos residuos que fican entre os dentes, eliminando sustancias corrosivas que atacan á dentina, formando covas no dente ou moa, ata chegar finalmente á pulpa ( nervio e vasos sanguíneos ) danando o dente de forma irreparable, e indicando a súa extracción. Unha boa dentadura implica unha boa mastigación, e polo tanto unha boa alimentación, mellorando sensiblemente o nivel de vida. A prevención é a mellor arma coa que se conta, cepillando frecuentemente os dentes con dentífricos fluorados, facendo enxaugues con colutorios fluorados e desinfectantes, empregando seda dental para eliminar residuos das comidas que fican entre a dentadura, e visitando ao dentista con asiduidade, etc
Tamén, servir de modelo aos nosos fillos mantendo nós estas conductas hixiénicas, favorece en grande medida á conservación duns dentes sans, e á prevención destas lesións.

Radiografía dunha moa careada,
onde a carie xa lesionou a pulpa.