
UN MESTRE EXEMPLAR
Por Rafael Mouzo Lago

Varias xeracións de Corcubioneses tivemos a sorte de ser alumnos, tanto no ensino primario como no Bacherelato, de don Cesáreo García Rivas, falecido recentemente, e que merece un afectuoso recordo pola nosa parte, xa que repretentaba os valores intrínsecos dun auténtico mestre e a súa actitude persoal e profesional foron un auténtico exemplo.
Chegado da Mariña coruñesa, fai cerca de medio século, escomenzou dando clases nunhas condicións tremendamente precarias, como a maioría daquela época, pero sen perder nunca o sentido da responsabilidade, o humor, a paciencia e as boas formas.
Foi don Cesáreo o expoñente máis claro da vocación de mestre. Home culto, de valores humanos e aplicando sistemas didácticos actualizados e intelixentes. Cumplidor do seu deber, nunca faltaba a clase, a pesares de non ter calefacción e de ter os pes xelados. Recordo as súas clases de Primaria en riba dunha antiga carnicería. Recordo as excursións que nos facía ó Campo de Amarelle para contemplar a natureza; eran aulas abertas, toda unha innovación que aínda está implantándose hoxe; recordo, en fin, a súa inmensa pacencia con nós, pouco acostumados a tanta delicadeza.
As súas explicacións en Ciencias Naturais eran leccións de cátedra, xa que dominaba e esforzábase para que todos entenderamos.
Esta profesión de mestre, tan dura noutros tempos e tan infravalorada na actualidade, non compensada economicamente, fai de Don Cesáreo un home máis resaltado e, sobre todo, polo sacrificio, pola súa sempre comedida conversación, elegancia, correctísima actitude, grandeza de espíritu. Como mestre, tivo a oportunidade de trasladarse a outras poboacións más populosas, a súa terra natal, pero quixo vivir e morrer aquí, en Corcubión, onde exercía de cidadán exemplar, deixándonos as pegadas da súa fermosa persoalidade entre os que fomos os seus alumnos e logo veciños.
Para el esta lembranza, chea de sentimentos que, onde estea, ha de rechazar porque era o máis humilde dos humanos que coñecín e que debemos gardar na nosa memoria histórica para contarlle a fillos e netos, que houbo un Mestre Mariñán, igual que don Juan Díaz Fernández, que se quedaron con nós para sempre e permanecerán nas nosas mentes.
Moitas gracias, don Cesáreo, por tanta xenerosidade que irradiaba. Por compartir coa colectivídade de Corcubión a meirande parte da súa vida. Agardo teña o descanso merecido por toda unha vida de traballo intenso e fecundo.
Rafael Mouzo Lago é o actual alcalde de Corcubión, e antigo mestre do Centro.