Historia do C.E.I.P. "Praia de Quenxe"  

Por Francisco Riveiro

             A orixe do CEIP "Praia de Quenxe" de Corcubión , está no Colexio Público "José Carrera" que estaba situado na praza do mesmo nome, no Centro da vila. O Edificio que albergaba ó Centro é de noble planta e foi construido gracias ó insigne corcubionés D.José Carrera Fábregas e está encadrado no casco histórico-artístico. Este edificio foi cedido pola fundación "José Carrera" por vinte anos ó entonces Ministerio de Educación,  co fin de concentrar nel todalas escolas da vila quedando únicamente fóra desta concentración as escolas de pre-escolar que quedaron no Campo do Rollo. Co paso do tempo as instalacións que ofrecía o edificio quedaron un tanto obsoletas,  pois non se dispoñía de :  laboratorio,  biblioteca, sala de servicios múltiples, ximnasio, titorías, despachos,etc... , instalacións necesarias par impartir unha ensinanza moderna e de calidade e por outro lado vencía o tempo polo que o edificio foi cedido, falamos de finais dos 80 aproximadamente.

            Ante a necesidade de afrontar unha ampliación,  plantexaronse dúas posibilidades:

1ª) Construir un edificio anexo ó actual,  xa que este por estar no inventario de edificios histórico-artísticos non se podía reformar o actual ou ben:

2ª) Construir un novo Centro dotado de tódolos servicios.

            Iniciaronse entonces,  as xestión oportunas por parte do Concello con D.Rafael Xosé Mouzo Lago como alcalde e D.Francisco Riveiro Pérez como Director do Centro, contando co apoio do Claustro, Consello Escolar e Asociación de Pais.

            O Concello plantexouse diferentes ubicacións, sempre segundo as súas posibilidades, decidindose por último por uns terreos nunha urbanización situda na praia de Quenxe, e estes foron os terreos que se ofertaron no seu momento a Consellería de Educación para unha futura construcción.

            En todo momento,  contouse co apoio da entonces Delegada da Consellería de Educación Dona Rosa Gómez e da Inspectora de Zona , naquel momento, Dona Elvira Grandall Ruiz.

            Despois de moitas xestións e entrevistas , tanto en A Coruña como en Santiago, a Consellería aprobou a construcción dun novo Centro cun presuposto de perto de 180 millóns de pesetas e a obra foi adxudicada a empresa Entrecanales.

            Da realización do proxecto encargouse o arquitecto D.Javier Vizcaino Monti , e levouse a cabo no ano 1991. A idea fundamental do arquitecto foi a luz, de xeito que nas aulas da primeira planta a luz entrara tanto polo  Norte como polo Sur.

            As características mais importantes da construcción son:

viñeta

- Superficie total construida: 1.550 m2

viñeta

- Edificio de dúas plantas, co recinto pechado ó lado Norte con tubos de fibro-cemento e o resto metálico cunha terraza cuberta con vistas ó mar.

viñeta

- Carpintería en aluminio de cor azul.

viñeta

- Adaptación para persoas con deficiencias motóricas, como rampas de acceso etc.

viñeta

- Fachada construida de pedra con granito rosa de Porriño.

viñeta

- Patio cuberto de aproximadamente 1000 metros cadrados, dotado de iluminación eléctrica.

viñeta

- 8 aulas de E.X.B ( naquel momento )

viñeta

- 2 aulas de Pre-escolar (na actualidade E.I)

viñeta

- 1 aula de Educación Especial

viñeta

- Cociña

viñeta

- Aula de Servicios múltiples ( comedor )

viñeta

- Aula de pre-tecnoloxía

viñeta

- 3 titorías

viñeta

- Sala de Profesores

viñeta

- Gabinete Médico

viñeta

- Despachos de : Dirección, Xefatura de Estudios, Secretaria e Conserxería.

viñeta

- Biblioteca

viñeta

- Ximnasio

viñeta

- Almacén

viñeta

- Duchas para alumnos/as.

viñeta

- Servicios para alumnos nas dúas plantas.

viñeta

- Servicio para profesores/as na planta baixa.

viñeta

- Patio exterior.

viñeta

- Aparcamentos (posteriormente foron transformados en patio de xogos para os alumnos)

 

            A finais de Setembro do ano 1993,  remataron as obras e a principios do mes de Outubro  realizouse o traslado dende o Colexio "José Carrera", comenzando o C.1993/94 cun retraso duns 15 días aproximadamente.  Hai que dicir que moitos pais preferían a antiga ubicación por ser mais céntrica, sen embargo os servicios que ofrece este edificio son moi superiores a do anterior, o Centro conta cun servicio de transporte . O cambiar de edificio o Colexio,  plantexouse o seu cambio de nome,  pois xa non estaba na sede da Fundación "José Carrera", sendo elexido o de "Praia de Quenxe" por maioría do Consello Escolar.

            Dende entonces,  o Centro leva funcionando de forma ininterrumpida , sendo sede de cursos de formación, exposicións e encontros . Dende casi que o principio , efectuaronse nel algunhas  reparacións tales como :  humidades, goteiras, etc...  propias dun edificio novo.

O Centro conta cun cadro da afamada pintora Elena Gago, froito dos acordos entre a Consellería e a constructora,  e que representa un peirao.

            Hai que salientar,  que a día de hoxe, o Centro non está innaugurado oficialmente,  e foi recibido polo Concello o pasado ano 1999, sendo Delegado da Consellería de Educación D.Alberto González Armesto , alcalde D.Rafael Xosé Mouzo Lago e Director do mesmo o que asina este artigo.

 

Corcubión,a 5 de Febreiro do 2.000

 

Asdo.Francisco Riveiro Pérez

Director do C.E.I.P "Praia de Quenxe" de Corcubión