PROGRAMA DE PREVENCIÓN
E REINSERCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS
PROGRAMA DE PREVENCIÓN DO CONSUMO DE
DROGAS NA ESCOLA
Materiais Didácticos editados pola
Xunta de Galicia
Este Programa vai
de dirixido a alumnos Educación Infantil (a partir de 5 anos). EPO ESO e ESPO.
Consiste na utilización das Guías da Xunta ( Bloque de catro carpetas) con
contidos de Educación para a Saúde e Prevención de Drogodependencias nas que se propoñen actividades especificas por materias, e
caderniños de traballo para o alumnado divididos por niveis. Os caderniños de
traballo para o alumnado utilízanse en Educación Infantil e, en 1º, 2º e 3º
Ciclo de Primaria.
Por parte deste Servicio de
Prevención se oferta, no caso de verse necesario, apoio na implementación no
aula.
Para solicitar o material
didáctico para o Centro e/ou alumnado é necesario cubri-la folla de solicitude
da Xunta e devolvela unha vez cuberta a este Servicio de Prevención.
Ó final de cada curso escolar
solicitaríamos a cada un dos profesores/as qué tiveran utilizado estes
materiais, o avalíen a través de un pequeno cuestionario sobor a opinión que
teñen dos mesmos
PROGRAMA DE PREVENCIÓN DO CONSUMO
DE ALCOHOL
OBRADOIRO DE BEBIDAS SAUDABLES
Este Programa consiste na
realización de Talleres Teórico-Prácticos por parte
do Persoal deste Servicio de Prevención en colaboración co profesorado
interesado.
Ten como destinatarios alumnos
de 8-14 anos.
Cada Taller consta de varias
partes, que van dende Exposición de contidos a realización na aula de bebidas
saudables e, degustación das mesmas. A duración do Taller será de
aproximadamente 1 hora e media e o nº de alumnos/as participantes deberá ser
limitado (15-20 persoas).
Para a sua realización precisarase que o Centro escolar aporte: local con auga
corrente e electricidade, material que utilizará o alumnado na realización das
bebidas ( coitelos, vasos, fontes, etc ), así como os ingredientes necesarios
para a preparación das mesmas
Este Servicio de Prevención proporciona a
participación directa na aula, recetario de bebidas para alumnado e utensilios
eléctricos necesarios na preparación das bebidas do recetario.
Este tipo de actividade é recomendable levala
a cabo no 3º trimestre do curso escolar.
Solicitarase ó profesorado participante que
cubra un pequeno Cuestionario de Avaliación da actividade.
Todo aquel que queira participar, ten que
comunicalo neste Centro ao inicio de cada novo curso.