

Un ano máis, afrontamos o comezo dun novo curso coas forzas renovadas despois das vacións do verán.
Temos que destacar a perda do servizo de Audición e Linguaxe que compartíamos co colexio de Dumbría, este servizo xa foi reclamado ás autoridades educativas.
Para o presente curso conquerimos o servizo de comedor escolar, grazas a Consellería, ANPA e Concello, na actualidade comen aproximadamente o 50% do alumnado. Este servizo está subvencionado polo Concello.
Por fin a principio do presente curso procedeuse o cambio das tubaxes da traída de auga.
Neste presente curso tamén se afrontará a renovación do parque infantil.
Esperamosvos no noso enderezo:
http://centros.edu.xunta.es/praiadequenxe
A nosa páxina foi concebida, non só para ofrecer a máxima información sobre o noso Centro ( Alumnado, Profesorado, APA, etc... ) se non tamén sobre a nosa vila: Corcubión e ó mesmo tempo servir de enlace con outros Centros Educativos e Institucións.
Esperamos as vosas suxerencias e colaboracións, coas que trataremos de ir mellorando de día en día.
Grazas por estar con nós.
Recibide un cordial saúdo.
Director do C.E.I.P. "Praia de Quenxe"
Corcubión
