

Os obxectivos fundamentais que persegue a reforma
administrativa emprendida pola Xunta de Galicia son dous:
conseguir unha Administración autonómica eficaz e que esta Administración estea
ao servicio do cidadán.Para conseguilo
creouse o Sistema de Información Administrativa e Atención
ao Cidadán composto polos seguintes dispositivos:
o Teléfono 902-12 50 12, de información
administrativa e
atención ao cidadán situado no CECOP (Central para
Comunicacións de Operativos de Galicia) instalado en San
Marcos (Santiago de Compostela).
Unha rede de 45 oticinas de intormacición administrativa e
ao cidadán, atendidas permanentemente por funcionarios especializados, que
están instaladas nos servicios centrais das consellerías e nas súas
delegacións
territonais e provinciais. ( ver
teléfonos )
Os Puntos de Intormación ao Cidadán
(P.I.C.), situados nas sete
cidades de Galicia nos que o propio cidadán, como se dunha terminal
bancaria se tratase, pode obter directamente a información.
Estes tres dispositivos están provistos dun completo
sistema informático
que permite facilitar ao cidadán a seguinte información:
a) A Información xeral da Xunta de Galicia: estructuras orgánicas das
consellerías, direccións, teléfonos e fax das oficinas
administrativas,
dos centros de información administrativa e atención ao
cidadán e dos
establecementos de turismo rural.
b) Información sobre os procedementos administrativos que se poidan seguir
por instancia de parte, explicando o obxecto destes, quen
os pode seguir,
en qué consisten e a documentación que bol que presentar
para inicialos.
c) Información puntual sobre a situación no que se encontran os expedientes
administrativos tramitados para resolve-las peticiones
formuladas polos cidadáns
á Administración, o que converte a Administración
autonómica de Galicia na única
de tódalas administracións públicas de España capaz de
subministrar informáticamente
ao cidadán "o estado de
tramitación dos procedementos nos que teña a condición de
interesado..." a
que ten dereito segundo o artigo 35 apartado a) da Lei de réxime
xurídico das administracións públicas e do procedemento
administrativo común
do 26 de novembro de 1992.
Pero o sistema establecido non se limita a subministrar
información: tamén
se atende ao cidadán de forma personalizada e tanto a través do teléfono 902-12
00 12
como a través das 45 oficinas, facilítaselle ao cidadán toda a súa
relación
coa Administración autonómica indicándolle onde debe dirixirse para
realizar
unha determinada xestión, facilitándolle os impresos para face-las
peticións
que queira facer, axudándolle a cubrilos, en definitiva abrindo a
Administración
autonómica ao cidadán que é o destinatario final dos seus servicios.
