Transporte Escolar


O Centro dispón de transporte escolar a cargo da Empresa "Ruta Bus"  e cunha soa liña, en servicio de mañá e tarde. Os alumnos que o utilizan son os seguintes:

E.I. ( só 4 e 5 anos ) 17
E.P. 28
Total alumnos transportados 45

A distribución por paradas e a seguinte:

Lugar Nº de nenos
Redonda 0
Amarela 2
San Roque 0
Vilar 2
Quenxe 0
Corcubión 41
Total alumnos 45

    A duración aproximada deste servicio é de 25 minutos, seria convinte crear unha nova parada á entrada de Corcubión, xa foi solicitada en varias ocasións  e a contestación e que non hai dous quilómetros a parada seguinte, pero insistimos pois pensamos que é un dos lugares máis alonxados do Colexio.

O percorrido é o seguinte:

  1. A primeira hora da mañá recolle os alumnos de Amarela, San Roque, Vilar e Quenxe e a continuación recolle os alumnos da Praza e se dirixe ó Centro, chegando sobre as 9.50 h.

  2. Ás 13.00 h deixa os alumnos na praza e posteriormente os de Quenxe, San Roque, O Vilar e Amarela.

  3. A primeira hora da tarde recolle os alumnos de  Amarela, San Roque, O Vilar e Quenxe e a continuación recolle os alumnos da Praza e se dirixe ó Centro, chegando sobre as 14.50 h.

  4. Ás 17.00 h deixa os alumnos na praza e posteriormente os de Quenxe, San Roque, O Vilar e Amarela.

Deste xeito o maior número de alumnos permanece no autobús o menor tempo posible.

- Dende o curso 2006 / 2007, contamos con acompañante no autobús, o que fai posible que os alumnos/as de 3 anos empreguen este servizo.