Termos de uso

Condicións xerais de uso da rede social REDEIRAS

Redeiras é unha rede social de carácter profesional dirixida ao profesorado dos centros educativos galegos, que proporciona á comunidade docente un espazo de comunicación e colaboración onde intercambiar ideas, propostas, recursos, actividades e iniciativas, promovendo así unha filosofía de coñecemento aberto.

A rede social Redeiras está aberta á participación e á colaboración desinteresada dos membros da comunidade docente sempre que se respecten os termos de uso que se detallan a continuación.

  1. O uso da rede social Redeiras está restrinxido aos profesionais do ensino público dos centros educativos galegos.
  2. A identificación do usuario rexistrado en Redeiras está vinculada á súa conta persoal de correo corporativo (@edu.xunta.es) tanto para o rexistro, acceso como o uso da propia plataforma.
  3. Cada usuario é o único responsable da súa conduta nesta rede social, e non serán admitidos comportamentos, accións ou publicacións que ben polo seu contido ou na súa forma atenten contra o respecto, a liberdade e os dereitos de outros. Neste sentido non se tolerarán actitudes inadecuadas por parte de ningún dos seus membros como o abuso, o acoso, a ameaza ou a intimidación.
  4. Non se permitirá a suplantación de identidade doutros usuarios.
  5. Cada usuario é o único responsable da información, documentación, elementos multimedia e enlaces que el mesmo publique directamente en Redeiras.
  6. Non se debe transmitir a través desta rede social calquera contido que puidera violar os dereitos protexidos pola normativa da propiedade industrial ou intelectual.
  7. Os contidos publicados deben respectar os dereitos de protección de menores, así como os concernentes á integridade dos demais membros da rede e terceiras persoas.
  8. Non está permitido o uso da plataforma con fins comerciais (publicidade comercial e/ou intervencións con ánimo de lucro), nin a promoción de grupos políticos ou relixiosos.
  9. Vostede non pode usar esta rede social con propósitos ilícitos, ilegais ou non autorizados incluíndo a transmisión de spam e código malicioso, como virus, vermes ou calquera outro de natureza destrutiva.

A violación de calquera das condicións anteriormente expostas terá como resultado a baixa inmediata do usuario na plataforma así como a cancelación da súa conta de usuario, reservándose esta Consellería o dereito de emprender as accións legais que se estimen oportunas en cada caso.